Friday 17 de May de 2024

O goberno de Ribeira revisa coa veciñanza de Carreira o proxecto da curva da Muiñeira


O goberno ribeirense achegouse hoxe á parroquia de Carreira para falar coa veciñanza da zona coñecida popularmente como ‘curva da Muiñeira’ e revisar o proxecto de derrubo das edificacións que alí existen para suavizar a curva.

Unha vez revisado o proxecto co persoal técnico, o actual goberno puido comprobar que o goberno anterior fixo moita propaganda e avanzou nun proxecto que non estaba consensuado con todos e cada un dos veciños afectados e carecía dos fondos necesarios para rematalo.

O alcalde Luís Pérez Barral, acompañado do tenente alcalde Vicente Mariño e o concelleiro Fernando Abraldes, acordou facer unha nova medición para suavizar a ‘curva da muiñeira’ e crear unha praza pública con árbores para uso e desfrute de toda a veciñanza.

O executivo local informa de que medicións se farán nos vindeiros días tendo o visto e prace da veciñanza e que xa están traballando para obter os fondos necesarios para rematar o proxecto conforme o acordado ante a veciñanza.